CATRO INFANTÍS PARTICIPARON NA CONCENRACIÓN DE SEGUIMENTO DA FEGAPI

INFANTILNa tarde do xoves realizouse no encoro do Pontillón do Castro (Verducido) unha concentración de seguimento organizada pola Comisión Técnica da Federación Galega de Piragüismo.

Nunha xornada na que o tempo non axudou, con moito vento que dificultou a actuación dos padexeir@s, acudiron a esta chamada deportistas da categoría cadete «B» e infantil «A», os cales participaron en probas sobre distancias olímpicas: os homes sobre 1.000 e 200 m., mentres que as mulleres sobre 500 e 200 m.

Despois da realización das distintas probas, os resultados xerais dos catro padexeri@s do Breogán que foron convocados a esta concentración foron os seguintes:
– Antía Naveiro, 6º no K-1 muller infantil «A».
– Tomás Benavides, 9º no C-1 home infantil «A».
– Sergio Outeda, 11º no K-1 home infantil «A».
– Daniel Mourelos, 13º no K-1 home infantil «A».