O Campamento Deportivo de Verán que organizan as Concellarías de Deporte e Xuventude, en colaboación da Asociación do Deporte Meco (ADM), chegou á semana do piragüismo.
@s participantes neste campamento, durante a primeira semana tiveron xogos motores e multideporte no Pavillón Municipal dos Deportes Monte da Vila e, tamén acudiron a praia de A Lanzada para iniciarse no surf.
Nesta semana toóalles acudir o Pavillón dos Deportes Náuticos e á Praia de Peralto para facer piragüismo e outras actividades disfrutando da praia. Durante o mes de agosto, @s participantes do campamento volverán ter a oportunidade de practicar este deporte durante outra semana.
Este campamento cumpre a súa terceira edición, e o Breogán pode presumir de ter colaborado sempre.