Os membr@s do equipo de piragüismo do CMDC Breogán do Grove deberán afrontar unha nova fin de semana «cargadiña» de actividade. O Campionato de Europa de Pista senior (no que están Tono Campos e Diego Romero), o Campionato Galego de Pista Individual, o Campionato Galego de Infantís sobre 3.000m, e, como non, a xornada de recadación de fondos «O Grove cos seus deportistas internacionais».
CAMPIONATO DE EUROPA DE PISTA SENIOR
Dende o martes, Tono Campos e Diego Romero atópanse en Brandemburgo (Alemaña) para disputar o Campionato de Europa de Pista; onde están acompañados polo seu preparador físico, Kito Parada.
O xoves comezan a competir no C-2 1.000 m., coa intención de disputar a final do sábado, e que lles sirva de preparación do Campionato do Mundo que se disputará en agosto (do día 6 ao 10).
CAMPIONATO GALEGO DE PISTA INDIVIDUAL
O sábado celebrarase en Verducido a 1ª fase do Campionato Galego de Pista. Nesta ocasión os padexeri@s participarán nas embarcacións individuais (K-1 e C-1). A 2ª fase deste campionato disputarase o 9 de agosto, onde entrararán en disputa os barcos de equipo (K-2 e C-2 máis C-4 e K-4). Entre ambalas dúas fases do campionato, cada padexeir@ só poderá participar en catro regatas, polo que as inscripcións vense condicionadas polo número de participacións que pode asumir cada deportista.
Nesta primeira fase, o Breogán inscribiu un total de 14 padexeir@s:
K-1 home cadete: Edu da Silva e Adrian Otero.
C-1 home cadete: Adrian Ribademar.
C-1 home xuvenil: Borja Meis e Diego Naveiro.
C-1 home senior: Miguel Fernández e Tino Rodríguez.
K-1 muller xuvenil: Sara Cacabelos.
K-1 muller senior: Laura García, Natalia García, Sara Bravo e Tania Álvarez.
C-1 muller senior: Antía Rodríguez.
K-1 home veterano: Simón Díaz.
CAMPIONATO GALEGO DE INFANTÍS
O domingo o Breogán estará presente noutro Campionato Galego, neste caso no da categoría infantil sobre a distancia de 3.000 m., que terá lugar en Boiro, sendo esta a 5ª regata da XIX Liga Galega de Promoción.
Vintecinco padexeir@s temos inscritos nesta competición, onde a intención é voltar a estar no podio, como nas catro regatas anteriores desta Liga Galega de Promoción.
Nesta regata inscribimos un equipo composto por un total de 25 padexeirs:
K-1 muller infantil “B”: Antía Besada, Antía Soutullo, Carmela Eirea, Natalia Romero e Maria Vila.
C-1 home infantil “B”: Iván Meis.
K-1 home infantil “B”: Alex Oliveira, Adrian Agraso e Alan Otero.
K-1 muller infantil “A”: Laura Couto, Antia Naveiro, Ángela Rodríguez e Paula Álvarez.
C-1 home infantil “A”: David Conde, Juan Camilo Ortiz, Eloi Ochoa e Tomás Benavides.
K-1 home infantil “A”: Diego Vázquez, Sergio Outeda, Manuel Falcón, Joaquín Lapido, Daniel Mourelos, Juan Diego Betancourth, Brais Remigio e Daniel Dopazo.
Ademais durante o sábado, nos aledaños do Pavillón de Deportes Náuticos, teremos a Xornada de Captación de Fondos “O GROVE COS SEUS DEPORTISTAS INTERNACIONAIS”, de cara a sufragar os gastos dos nosos deportistas nas súas asistencias a Campionatos de Europa e Campionatos do Mundo.