ÉXITO DA XORNADA DE CAPTACIÓN DE FONDOS «O GROVE COS SEUS DEPORTISTAS INTERNACIONAIS»

XOGOS POPULARESO sábado celebramos a xornada de captación de fondos para lograr facernos cos cartos precisos para sufragar o custe dos viaxes dos nosos padexeiros internacionais nos Campionatos do Mundo e de Europa aos que están a asistir. A cantidade que precisa o club ascende aos 6.000€, entre billetes de avión e o custe das estancias.

Durante o sábado o Breogán estivo na zona do paseo da praia de Peralto (nas inmediacións do Pavillón de Deporte Náuticos), con diferentes actividades organizadas para que os asistentes puidesen gozar dunha xornada entretida e festiva. Os organizadores estiveron «dando o callo» durante máis de 12 horas, xa que despois de comezar a montar todo ás 9:00h, a festa que estaba estimado que durase ata as 20:00h, prolongouse ata ben pasadas as 10 da noite.

O número de asistentes non foi moi elevado debido ao fantástico tempo da xornada, que convidaba a gozar dun día de praia. Con todo, todos os que se achegaron colaboraron de maneira importante, feito que lles agradecemos fortemente a todos os asistentes.

FESTA DA ESPUMAOs que se achegaron ata esta festa puideron empregar os Xogos Populares, que coma sempre causaron sensación entre os curiosos,  dar paseos en pirauga, gozar da festa da escuma, bailar ao son da música e dos DJ´S Adrián e Manuel, dar conta dunha boa sardiñada, etc… Ademais, tamén se sortearon diferentes produtos doados polos establecementos da vila. Ao non conseguir dar conta de todos, estamos pensando en realizar algunha outra actividade para darlle saída.

Tono Campos e Diego Romero puxéronlle a guinda á xornada

Os palistas do Breogán Tono Campos e Diego Romero, que disputaron esta fin de semana o campionato de Europa de Pista senior, puxéronlle a guinda a esta xornada lúdica do Breogán. Os dous palistas, que competiron na modalidade de C-2 sobre 1.000m disputaron o sábado a Final A, na que conseguiron rematar nun moi bo quinto posto, a menos dun segundo (concretamente 8 décimas) do podio.
Pouco despois das seis da tarde, recibimos a boa nova que nos alegrou o día, pois Tono e Diego viñan de acadar unha moi boa quinta posición no Campionato de Europa, a moi pouco tempo da Medalla de Bronce.

 Agradecemento a todos os colaboradores

Unha vez máis, e non nos cansaremos de repetilo, queremos darlle as grazas a todos os establecementos e persoas que colaboraron con esta xornada de captación de fondos, para poder facer realidade as aspiracións dos nosos deportistas internacionais.

A continuación deixamos o listado de todos os establecementos colaboradores coa campaña «O Grove cos seus deportistas internacionais»:

Restaurante O Cruceiro
Centro de Fisioterapia Mascato&Portela
Centro del automóvil Hortos
Cafetería Domínguez
Habitat
AMR Comunicación
Ferretería Kinito
Efectos navales O Mar
Tienda Manantiales de La Toja
Comercial Noya
E-Bike
Cafetería Marquesina
Restaurante O Xoto
Essenzial Home
Artesa
A Óptica de Ana
Bazar Ferredomi
Calzados CYC
Frutería La Cosecha
Tecnolar
Joyería Romay
Pastelería Payca
Kucadas
Paco Fino
Óptica Osiris
Joyería Fernández
Casa Abel
Panadería Besada
Carmen Varela
Muebles Justo
Regalos Belomar
Fous
Panadería Chaves
A Traíña
Asociación Praza de Abastos de O Grove
Adega Agro Vello
Cardy Joyero
Bambú
Pan e Máis
Master Electrón
Megapubli
Protección Civil
Concellería de Xuventude
Concellería de Deportes
Concellería de Seguridade Cidadá