Tono Campos e Diego Romero veñen de disputar o Campionato Europeo de Pista Senior en Brandemburgo (Alemaña), no que estiveron competindo na modalidade de C-2 sobre 1.000m, proba de velocidade para a que o campo de regatas non se atopaba na mellor das condicións (con moito vendo e ondas).
Despois de non comezar con moi bo pé na regata eliminatoria do venres pola mañá, Tono e Diego deberon presentarse a unha das semifinais disputadas pola tarde. Foi ás 17:00h cando Campos e Romero volveron a saír ao campo de regatas para lograr meterse na Final A do domingo, obxectivo que puideron conseguir grazas a unha fantástica remontada realizada durante a segunda metade da proba, entrando terceiros na liña de meta e conseguindo clasificarse para a tan ansiada final.
Tras o éxito conseguido o venres, o sábado os nosos padexeiros volveron triunfar. Campos e Romero realizaron unha gran proba na que foron de menos a máis, conseguindo así rematar quintos a tan só 8 décimas do podio. A vitoria da proba foi para os húngaros Henrik Basbányai, seguidos polos rusos Alexey Korovashkov y Ilya Pervukhyn, e polos checos Jaroslav Radon y Filip Dvorak.