Durante o sábado e o domingo, nas augas do río Lérez ó seu paso por Pontevedra, disputouse a Copa de España de Maratón onde, como non, tamén houbo representación meca.
Dende Breogán só presentamos oito embarcacións, onde participaron nove deportistas; sete de tipo individual (K-1 e C-1) e un K-2. Pero a este equipo formado por un número escaso de padexeir@s tivemos que sumar outras 3 malas novas: un resultado fóra de crono, unha avaría nun kaiak, e un abandono. Tendo en conta estes 3 resultados, tan só 5 padexeiros dos 8 presentados conseguiron puntuar, polo que o Breogán, na clasificación final por clubs, ocupou, finalmente, a 21ª posición.
CATEGORÍA |
NOME |
POSTO |
K-1 MULLER XUVENIL | SARA BRAVO | 14º |
SARA CACABELOS | 18º f.c. | |
K-1 MULLER SENIOR | LAURA GARCÍA | 6º |
NATALIA GARCÍA | Avaría na pirauga | |
C-1 HOME XUVENIL | DIEGO NAVEIRO | 8º |
BORJA MEIS | Abandono | |
C-1 HOME CADETE | ADRIAN RIBADEMAR | 6º |
K-2 HOME CADETE | EDU DA SILVAADRIAN OTERO | 12º |