Na mañá do domingo, cun tempo estupendo, a praia do Bao na Illa de Arousa, acolleu a terceira regata de Liga Provincial de Alevíns e Bexamíns, onde estiveron presentes os membros do noso «exército pitufo». Os nosos pequenos, que chegaron á proba como Campións Galegos da categoría, non puideron manter ese primeiro posto debido ás numerosas baixas de rapaces e rapazas que sufriu este equipo para acudir a esta regata.
Porén, o resultado foi moi bo, e o Breogán puido rematar nunha estupenda e marabillosa terceira posición nesta terceira proba da Liga galega de Alevíns e Benxamíns, por detrás do Muíño de Ribadumia, que foi primeiro, e do Ciudad de Pontevedra, que foi segundo. cabe destacar que houbo moi poucos puntos de diferenza entre os tres primeiros clubs clasificados, tendo o Muíño 2344 puntos, o Ciudad 2336 puntos, e o Breogán 2266 puntos. O cuarto clasificado, o Club As Torres-Romería Vikinga, sumou un total de 18s7 puntos, moi por debaixo do podio.
CATEGORÍA |
NOME |
POSTO |
K-1 MULLER BENXAMÍN | VALERIA OLIVEIRA | 2º, MEDALLA DE PRATA |
YOLANDA OLIVEIRA | 5º | |
CIRA OTERO | 16º | |
CARME DEVESA | 17º | |
LAURA CASAL | 19º | |
AINHOA PIÑEIRO | 20º | |
SABELA ARNOSO | 24º | |
XULIA DOMÍNGUEZ | 27º | |
SUEVIA NOYA | 42º | |
ABIGAIL DEVESA | 43º | |
K-1 HOME BENXAMÍN | MIGUEL MOLDES | 68º f.c. |
K-1 MULLER ALEVÍN “B” | MARTA MOURELOS | 9º |
LIDIA RIVEIRO | 11º | |
ANTÍA PRIETO | 17º | |
CARMEN CERVIÑO | 20º | |
LOLA CERVIÑO | 24º | |
ISABELLA ÁLVAREZ | 29º | |
MARÍA DÍAZ | 34º | |
INÉS PARADA | 37º | |
K-1 HOME ALEVÍN “B” | ÁNGEL FERNÁNDEZ | 8º |
NOEL SANMAMED | 42º | |
LUÍS SANMAMED | 45º | |
K-1 MULLER ALEVÍN “A” | LUCÍA DEVESA | 6º |
LORENA MOLDES | 7º | |
ICIAR MARTÍNEZ | 16º | |
ANDREA PIÑEIRO | 18º | |
GAILA NOYA | 30º | |
SORAYA BEA | 32º | |
SOFÍA DOMÍNGUEZ | 36º | |
K-1 HOME ALEVÍN “A” | ISAAC GORRITA | 15º |
JOSE COUSO | 25º | |
BORJA LAMAS | 33º | |
RODRIGO MOUCO | 35º |