Os padexeir@s do Breogán, Tono Campos e Diego Romero xa se atopan na capital rusa, Moscu; para a disputa do Campionato do Mundo de Augas Tranquilas. Nesta ocasión, atópanse acompañados polo seu adestrador, José Luis Otero Padín.
Campos e Romero, afrontan a semana decisiva da súa tempada, na que loitarán por acadar o difícil obxetivo que se marcaron ó principio de tempada, que non é outro que o de meterse na Final “A” do C-2 1.000 m., neste campionato do mundo.
Para poder optar a este obxetivo traballaron arreo durante toda a tempada, baixo as ordes de José Luis Otero Padín, e contando con Kito Parada para deseñar a súa preparación física.
No pasado Campionato de Europa, celebrado hai cousa dun mes, Tono e Diego, nunha competición que foron de menos a máis, chegaron ata a final onde sorprenderon a propios e extraños, acadando un importantísimo 5º posto, a menos dun segundo da medalla de bronce.
Na cita rusa, os dous deportistas xóganse todo a unha carta, pois agora o C-2 conta cunha soa distancia olímpica, a de 1.000 m., e si xa de por si é moi difícil meterse nunha final dun mundial, agora aínda máis, xa que todos os países se preparan para esta distancia, e o vindeiro ano o mundial será clasificatorio para os Xogos Olímpicos de Brasil 2016, polo que o nivel neste mundial nesta modalidade e distancia vai a ser moi alto.
Dende aquí, querémoslles desexar aos nosos tres representantes en Rusia, MOITA SORTE; ao igual que o resto do equipo español.