O BREOGÁN PERMANECERÁ NA PRIMEIRA DIVISIÓN GALEGA DE XADREZ

xadrezO Breogán «A» de xadrez, xogará a vindeira temporada na Primeira División da Liga Galega de Xadrez tras empatar 2-2 na última xornada nun difícil encontro co Safa «A», que foi o cuarto clasificado do Grupo B.
Este bó resultado fraguose grazas a que nos catro taboleiros en xogo, acadouse unha victoria, dúas partidas remataron en táboas e, no taboleiro restante, unha derrota.
Con este resultado, o Breogán «A» de xadrez poderá xogar un ano máis na Primeira División da Liga Galega, acadando así o obxetivo desta tempada, que non era outro que o de manter a categoría.