O BREOGÁN REMATA SEXTO NO CAMPIONATO GALEGO DE INVERNO EN BARCOS DE EQUIPO

1970551_779464742105348_467290284_nTono Campos e Diego Romero Fraga dominaron con claridade no Campionato Galego de Inverno de Barcos de Equipos (K-2 e C-2) celebrado este sábado no encoro de Pontillón do Castro, na localidade pontevedresa de Verducido. Foron os gañadores da regata do C-2 home senior, superando en 14 segundos aos tudenses Ramón Ferro e José Luis Bouza «Buzo».
Por outra banda, as irmáns García Naveiro, Natalia e Laura, realizaron unha moi boa actuación ocupando a segunda posición no K-2 muller senior, loitando pola victoria coas tudenses Carla Pérez e Ana Varela, que se levaron o triunfo por tan só 2 segundos. Así mesmo, Tania Álvarez e a xuvenil Sara Bravo, remataron na novena posición.
Nas C-2 home xuvenil, Sergio Meis e o cadete Adrian Ribademar ocuparon a quinta posición, xusto por diante dos seus compañeiros Borja Meis e Diego Naveiro.
As outras embarcacións que tomaron parte no C-2 home senior ocuparon a sétima posición (Jacobo Domínguez e Cristian Ribademar), e a décimo cuarta (Mguel Fernández e TinoPo Rodriguez Romero).
A K-2 home cadete de Edu da Silva e Adrian Otero remataba a súa regata na décimo cuarta posición; mentras que o K-2 home senior finalizaba no posto vinte nove, pero fóra do tempo de control.
Na clasificación final por clubs, o Breogán rematou na sexta posición neste Campionato Galego.

 

Para máis información sobre as clasificacións consultar: http://bit.ly/1dHesY1