O sábado 26 e domingo 27 de abril disputarase no encoro do Pontillón do Castro, en Verducido (Pontevedra), a Copa de España sobre 1.000 m., regata da XIII Liga de Pista Olímpica “Hernando Calleja” División de Honor-Copa S.M. El Rey.
Trala celebración do Campionato de España de Inverno en Sevilla, esta é a segunda regata puntuable da Liga de Pista Olímpica, na que o Breogán presentará un equipo formado por dezaseis padexeir@s.
A metade da expedición está conformada por canoistas senior, encabezados por Tono Campos e Diego Romero, pero tamén estarán Jacobo Domínguez, Cristian Ribademar, Adrian Fernández, Miguel Fernández, Tino Rodríguez e Sami Grigore, que voltará a competición para completar o segundo C-4 desta categoría.
Outro dos puntos fortes do equipo estará nas mulleres senior, da man das irmáns García Naveiro, Natalia e Laura, á cabeza dunha formación completada por Tania Álvarez e a xuvenil Sara Bravo. Os outros catro padexeiros serán os canoistas xuvení: Borja Meis, Diego Naveiro e os xemelgos Félix e Sergio Meis.
Na edición do pasado ano desta Copa 1.000 m. o Breogán rematou no 5º lugar con un total de 322 puntos e dúas medallas; o obxectivo de este ano é mellorar a puntuación por clubs e acadar algunha medalla máis.