O Breogán acadou tres medallas de ouro en C-1, C-2 e C-4, e outra de bronce en K-4 feminino.
Os nos@s padexeir@s colleitaron bos resultados na 1ª xornada da Copa Nacional de 1.000 m. disputada o pasado sábado en Verducido, onde competiron os barcos individuais (K-1 e C-1) e os dobres (K-2 e C-2).
Pola mañá competiron os barcos individuais e os canoas senior, onde destacaron co primeiro posto de Diego Romero e co 5º de Tono Campos, afectado polas condicións da pista; mentras que Jacobo Domínguez impoñíase na Final B.
As irmáns García Naveiro conseguiron meterse as dúas na Final A, onde Natalia foi 6ª e Laura 9ª; mentres que o canoista xuvenil , Diego Naveiro, foi 5º na Final C.
Xa pola tarde entraron en competición os barcos dobres; impoñéndose na categoría canoa senior o C-2 de Diego Romero e Tono Campos, mentras que Jacobo Domínguez e Adrian Fernández remataron na 4ª posición, deixando unha moi boa impresión.
Laura e Natalia García, formando o k-2 muller senior, remataban nunha 7ª posición que puido ser mellor; e o K-2 formado por Tania Álvarez e a xuvenil Sara Bravo facíase coa 4º posición da Final B.
Os canoistas xuvenís lograron meterse na Final B, onde o C-2 dos xemelgos Félix e Sergio Meis finalizaba na 3ª posición, por diante dos seus compañeiros Diego Naveiro e Borja Meis.
Os barcos grandes do Breogán deixan pegada en Verducido
O domingo foi o turno de que as embarcacións «grandes» (C-4 e K-4) saísen a escena na Copa de España sobre 1.000m en Verducido, onde @s nos@s padexeir@s continuaron cos bos resultados do día anterior.
Das catro embarcacións que entraron en competición, as catro lograron meterse na Final A. A proba do C-4 senior contou con dúas embarcacións do Breogán, unha das cales acadou o primeiro posto, estando formada por: Tono Campos, Diego Romero, Jacobo Domínguez e Cristian Ribademar. O outro C-4 rematou nunha meritoria 8ª posición, estando tripulada por: Adrian Fernández, Miguel Fernández, Tino Rodriguez e Sami Grigore.
O K-4 muller senior tamén estivo na Final A, onde se fixo coa Medalla de Bronce, estando formada por: Laura García, Natalia García, Tania Álvarez e a xuvenil Sara Bravo.
A cuarta embarcación do Breogán foi o C-4 home xuvenil de Borja Meis, Diego Naveiro e os xemelgos Félix e Sergio Meis, que se fixeron con 4ª posición.
Como remate destas dúas xornadas, o Breogán rematou na 5ª posición por clubs con un total de 420 puntos e facéndose con un total de catro medallas: 3 de ouro e 1 de bronce.