O xoves día 1 de maio, terá lugar a 4ª Regata da Liga Galega de Kaiak de Mar-I Copa Sipre, regata que terá como escenario as augas de Vilagarcía de Arousa. A competición, organizada entre o Club de Piragüismo Liceo e a Federación Galega de Piragüismo, comezará ás 16:00h e sairá dende o Peirao de Pasaxeiros do porto de Vilagarcía, punto onde se situará tamén a meta. Nesta competición participarán as categorías cadete e tradicional nunha distancia de 5 km, e xuvenil, senior e veteranos en 10km.
O Breogán tamén estará presente nesta proba, co seguinte equipo:
– K-2 mixto: Sara Bravo e César Riveiro.
– K-2 home cadete: Edu da Silva e Adrian Otero.
– K-1 home xuvenil: Sergio Meis.
– K-1 tradicional senior: Tino Rodríguez.
– K-1 home senior: Yoel Alonso.
– K-1 home senior: Jaime Castro.
– K-1 muller cadete: Juliana Martínez.
– K-1 muller senior: Tania Álvarez.
– K-1 muller veterana: Rut Otero.