O PIRAGÜISMO VOLTA Á PENÍNSULA MECA NA DISPUTA DO XXVIII TROFEO CONCELLO DE O GROVE

X TRAVESÍA DA TOXA1ª REGATA DA LIGA PROVINCIAL DE ALEVÍNS E BENXAMÍNS

O piragüismo volta ao Grove durante o mes de maio. Na fin de semana do 17-18 disputaranse dúas regatas das que sairá o club gañador do XXVIII Trofeo Concello de O Grove.

O sábado 17 , a partir das 17:00h, será turno do K-a e C-4 senior e xuvenil, nunha regata puntuable para a Liga Galega de Ríos e Travesías e para a Superliga Galega de Piragüismo. O domingo a aprtir das 17:00, saíran a escena os K-1 e C-1 dos alevíns e benxamíns, estreando a Liga Provincial de Alevíns e Benxamíns 2014.

 

Da suma obtida entre as puntuacións dd@s padexeir@s durante as dúas xornadas sairá o nome do Club gañador da XXVIII edición do Trofeo do Concello de O Grove. Dende Breogán animamos aos seguidores do piragüismo e a todos os grovenses a que se acheguen a disfrutar do piragüismo en estado puro.