A vindeira fin de semana (10 e 11 de maio) disputarase en Badajoz, o Campionato de España de Maratón, que o mesmo tempo será Selectivo para clasificarse e poder acudir ao Campionato do Mundo e ao Campionato de Europa da modalidade.
Ó ser selectivo pódense montar barcos mixtos, é decir, barcos de dous tripulantes pertencentes a distintos clubs e que, se ben non puntuarán para a clasificación por clubs, particparán buscando a súa clasificación para algún dos campionatos internacionais.
Neste ano o Campionato de Europa de Maratón terá lugar en Eslovaquia os días 13,14 e 15 de xuño. E o Campionato do Mundo celebrarase en Estados Unidos do 26 ó 28 de setembro.
No Campionato de España desta fin de semana, Breogán estará presente con un pequeno grupo de padexeiros, pero con moitas posibilidades de que se clafisiquen para o Mundial ou para o Europeo.
A nivel individual participarán Tono Campos e Diego Romero no C-1 senior; mentras que Jacobo Domínguez tomará a saída no C-1 Sub 23. As embarcacións individuais remarán o sábado.
Xa nos barcos dobres, que compiten o domingo, tomarán parte no C-2 xuvenil os xemelgos, Félix e Sergio Meis. O Breogán tamén estará representado en dous barcos mixtos; Tono Campos formará o C-2 senior co seu antigo compañeiro, Jose Sánchez (Ría de Betanzos), mentres que Jacobo Domínguez tamén tomará a saía no C-2 senior formando barco con Alan Avila (Náutico Palma de Mallorca).