XII TRAVESÍA DA TOXA – XXIX TROFEO CONCELLO DE O GROVE DE PIRAGÜISMO.

11146309_1162697820448703_1881644507928662750_nO vindeiro 25 de abril imos organizar a XII TRAVESÍA DA TOXA-XXIX TROFEO CONCELLO DE O GROVE DE PIRAGÜISMO, en colaboración coa Federación Galega de Piragüismo e co patrocinio da Concellalía de Deportes de O Grove; contando ademáis coa colaboración de varias empresas locais, especialmente as da Illa de A Toxa.

Participarán:
– K-4 e C-4 para categorías senior e veteráns (homes e mulleres).
– K-2 e C-2 para categorías xuvenís e cadetes (homes e mulleres).

Horarios de saídas:
– 10,00 h. K-2 home cadete.
– 10,45 h. K-2 muller xuvenil e cadete.
– 10,50 h. C-2 home cadete e xuvenil e, todas as canoas muller.
– 11,30 h. K-2 home xuvenil.
– 12,15 h. K-4 muller senior.
– 12,20 h. C-4 home senior.
– 13,00 h. K-4 home senior e veterano.
– Entrega de medallas as 14,00 h.

Percorrido:
– O circuito habitual dos últimos anos; 3 voltas para K-4 e C-4 (aprox. 7,5 Km.) e 2 voltas para K-2 e C-2 (aprox. 5 Km).