AGRADECEMENTOS A TODOS OS COLABORADORES NA XII TRAVESÍA DA TOXA

11150981_1173175166067635_9075999454284614356_nDende Breogán queremos agradecer a todos os que colaboraron nesta XII Travesía da Toxa-XXIX Trofeo Concello de O Grove-Campionato Galego de Travesías, para que puidese saír adiante.

Á Concellería de Deportes do Concello de O Grove, polo seu patrocinio.

Ás empresas que veñen colaborando dende hai varios anos: Gran Hotel de La Toja, Hotel Balneario Isla de La Toja, Hotel Louxo La Toja, Casino La Toja, Tienda Manantiales de La Toja, Conservas Selectas de Galicia-Isabel, Restaurante A Traíña, Supermercados Gadis.

Tamén os nosos agracedementos para a Policía Local e, sobre todo á Unidade Marítima de Salvamento e Rescate de Protección Civil de O Grove, que sempre están cando fai falla, e no día de hoxe tiveron moito traballo.

E como non, o noso agradecemento a ese fenómeno que responde ao nome de Candi.

GRACIÑAS A TOD@S,