DIEGO NAVEIRO GAÑA O SORTEO DA TABLET

11050767_1173178706067281_4293134060580964733_nDurante a entrega de premios da XII Travesía da Toxa, procedeuse a realizar o sorteo dunha tablet doada por “GT INFORMÁTICA”.

Os compoñentes dos equipos das categorías base do Breogán dedicaron, durante as últimas semanas, parte do seu tempo á venda de rifas para este sorteo, onde o agraciado foi un dos nosos padexeiros senior, Diego Naveiro.