Durante a fin de semana tivemos unha intensa actividade no encoro de Santa Cruz de Trasona (Asturias), coa disputa da «Copa da España Jóvenes Promesas Cadetes 1.000 m.» que tivo lugar o sábado e, o «II Campeonato de España de Infantiles 3.000 m.«, celebrado o domingo.
O resultado tivo «luces e sombras», obtendo un resultado frouxo en cadetes, e un bo resultado en infantís.
En cadetes desprazamos cinco deportistas: Juan Camilo Ortíz, Daniel Mourelos, Sergio Outeda, Antía Soutullo, Ángela Rodríguez. Juan Camilo Ortiz entrou na final B do C-1 home cadete B, onde ocupou a 8ª posición; mentres que Antía Naveiro foi 8ª na final C do K-1 muller cadete B. Os outros padexeiros non pasaron os cortes, polo que non chegaron a disputar as finais. Os cinco deportistas son cadetes de primeiro ano, polo que o vindeiro ano competirán na mesma categoría, e agardamos que con mellores resultados.
O equipo dos infantis, obtivo un bo octavo posto por clubs no II Campionato de España de Infantís 3.000 m.; onde desprazamos a trece deportistas dos que once entraron en tempo de control.
K-1 muller infantil B:
– Lucia Devesa 11º
– Lorena Moldes 36º
– Andrea Casal 48º
K-1 muller infantil A:
– Natalia Romero 49º
-Sofia Martínez 55º
-Antía Soutullo 59º
– Carmela Eirea 62º f.c.
K-1 home infantil A:
– Alex Oliveira 82º
-Alex Domínguez 108º f.c.
K-1 home infantil B:
– Isaac Gorrita 42º
C-1 home infantil A:
– Ivan Meis 14º
C-1 home infantil B:
– Borja Lamas 5º
– Jose Couso, 11º