1ª XORNADA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARATÓN

As augas do río Lérez ó seu paso por Pontevedra, acolleron no día de hoxe a primeira xornada do XX Campionato de España de Maratón, que ó mesmo tempo sirve como Campionato Galego de modalidade.

Este evento ten moita importancia, pois é unha posta a punto do que o vindeiro ano será o Campionato de Europa de Maratón, que terá este mesmo escenario.

Nesta primeira xornada, @s nos@s padexeir@s tiveron os seguintes resultados:

– Tania Álvarez rematou novena a nivel do estado, sendo Medalla de Bronce a nivel galego.

– O C-1 home senior de Miguel Fernández, rematou na cuarta posición do Campionato de España, sendo Medalla de Bronce entre os galegos.

– Adrián Ribademar, no C-1 home xuvenil, rematou na décima posición, mentres que o -1 home cadete, Daniel Mourelos, remataba na posición 32º.

– Tamén tiveron unha boa actuación Ángela Rodríguez e Antía Naveiro, que remataron na novena posición, sendo quintas entre as galegas.

11204949_1184876014897550_2791685019653120365_n

– E o C-1 home cadete de Juan Camilo Ortiz, faciase co posto 15º, sendo sexto galego.