No día de hoxe disputouse a segunda xornada do XX Campionato de España de Maratón, celebrado durante esta fin de semana en Pontevedra, e que tamén serviu como Campionato Galego de Maratón.
O K-2 home xuvenil formado por Edu da Silva e Adrián Otero, ían realizando unha boa regata, pero unha avaría no temón fixo que perderan varios postos, Sendo o seu posto final 15º a nivel estatal e 5º a nivel autonómico.
Pola súa banda, como era de agardar, o C-2 home senior de Tono Campos e José M. Sánchez (Ría de Betanzos) impúxose na súa modalidade, acadando así o billete para participar no Campionato do Mundo de Maratón (non puntuando na clasificación final do campionato ao pertencer a dous clubs diferentes).
Nesta mesma categoría, participou o C-2 de Pedro Areal e Adrián Fernández, que tivo unha destacada actuación proclamándose Subcampións de España e ao mesmo tempo Subcampións Galegos.