CINCO PADEXEIR@S DO BREOGÁN PELEXAN POLO EUROPEO E O MUNDIAL NO SELECTIVO DE VERDUCIDO

tono e diegoMañá venres, cinco dos nosos padexeir@s estarán presentes no Control Selectivo que organiza a Real Federación Española de Piragüismo (RFEP) de cara a participación nos campionato de Europa e no Mundial Campionatos de Europa e Mundial, en diferentes modalidades.
O Encoro de Pontillón do Castro, en Verducido (Pontevedra), acolle esta proba selectiva onde Tono Campos e Diego Romero buscarán o billete no C-2 1.000 m para o Europeo. Malia todo, aínda que gañen a praza, o máis probable é que teñan que renunciar a participar neste campionato, posto que así o impide un dos «incomprensibles» criterios que expón a RFEP. Segundo o reglamento da federación nacional, unha mesma tipulación de C-2 non pode competir nesta distancia (1.000m) no Europeo e no Mundial.

Os nosos padexeiros seguirán apostando pola súa participación no mundial, consigan ou non a praza no europeo. Tono e Diego teñen como principal obxectivo clasificarse para o Mundial, e por iso mismo loitarán no selectivo que decidirá os clasificados e que se celebrará máis adiante.
jacoboNa categoría C-1 sub 23 participa Jacobo Domínguez, tanto na distancia de 200 como de 500 m. As opcións de Jacobo son boas para lograr meterse no equipo de pista da categoría sub 23, aínda que el xa está clasificado nesta categoría para acudir ao Campionato de Europa e do Mundo na modalidade de maratón. Cabe destacar que este logro acadouno despois de estar dúas tempadas sen remar.
As irmáns Natalia e Laura García Naveiro tamén estarán presentes neste selectivo, na modalidade de K-1 muller sub 23 na distancia de 500 m, buscando unha praza no equipo que acuda ao Europeo e ao Mundial nesta categoría. O pasado ano, Natalia conseguiu meterse no K-4 muller sub 23 que acudiu ao Campionato de Europa, mentres que Laura tamén participou nese campionato na categoría xuvenil. Agora agardan estar presentes ambas as dúas no equipo sub 23.

natalia e laura

Verducido acollerá unha intensa fin de semana de piragüismo

Tras finalizar a disputa do selectivo non rematará a estancia dos kaiaks e das canoas no Encoro de Pontillón do Castro. Esta fin de semana celébrase nesa mesma localidade pontevedresa (Verducido) a Copa de España sobre 200m e 500m na categoría xuvenil e senior para K-1, C-1, K2- e C-2. O Breogán tamén vai estar representado pol@ss seus padexeir@s, que seguro que realizan unha gran actuación e recollen grandes froitos.

Dende Breogán seguiremos informando a través da nosa páxina web, Facebook (https://www.facebook.com/BreoganGrove) e Twitter @cmdcbreogan (https://twitter.com/CMDCBreogan)