VERDUCIDO ACOLLE A COPA DE ESPAÑA SOBRE 200 E 500M

 

BREOGANEste fin de semana, Verducido acolle a Copa de España de Pista sobre 200 e 500 m., sendo esta a terceira regata puntuable da XIII Liga Olímpica de Pista “Hernando Calleja” División de Honor – Copa de S.M. El Rey.
O Breogán acude a esta regata con un equipo formado por 18 padexeir@s, coa intención de manter o quinto posto nesta Liga Olímpica de Pista, posto que ocupa trala celebración de dúas regatas.
Por motivos da súa preparación, Tono Campos e Diego Romero non estarán presentes en todas as regatas indiviuais. Tono non remará ningunha das dúas distancias e Diego só o fará nos 500 m. Pero si estarán presentes nas dúas distancias formando o C-2.
Cabe destacar tamén que por primeira vez Breogán porá en escea unha muller canoista, que non será outra que Antía Rodríguez, que estará nas saídas do C-1, nos 200 e nos 500 m.
O equipo do Breogán que participa nesta regata está composto por:
– Canoa home xuvenil: Borja Meis, Diego Naveiro, Félix Meis e Sergio Meis.
– Canoa home xuvenil: Diego Romero, Tono Campos, Cristian Rivademar, Sami Grigore, Miguel Fernández, Tino Rodríguez, Adrian Lameiro e Jacobo Domínguez.
– Kaiakista muller senior: Laura García, Natalia García, Tania Alvarez, Sara Bravo, Antía Rodríguez e Rut Otero.
– Canoa muller senior: Antía Rodríguez.

RANKIN BREOGAN