Jacobo Domínguez, rematou segundo no selectivo C-1 1000 sub-23, unha proba que foi de menos a máis onde superou a Brais e Mohamed que lle gañaran na Copa 1000 e no Campionato de España de Inverno (FOTO), esta vez Jacobo conseguiu gañarlles. Logrando así, case que con toda seguridade, a clasificación para o Campionato de Europa de Pista Sub 23.
Tamén estiveron presentes as irmáns Garcia Naveiro, Natalia e Laura que tiveron unha boa actuación no K-1 muller sub 23 na distancia de 500 m. Natalia remataba na 5ª posición e Laura na 8ª.
Tras estes resultados haberá que ver que decide o equipo técnico da RFEP, xa que os criterios de selección para esta categoría non son moi concretos e, a participación dalgunha muller sub 23 na categoría muller senior, favorecería a presencia das dúas breoganistas.
TONO E DIEGO VOLTAN A DEMOSTRAR QUE SON O MELLOR C-2 ESPAÑOL
Na tarde de hoxe, seguironse disputando en Verducido, as distintas probas que daban o pase os campionatos de Europa e do Mundo, na modalidade de pista.
O C-2 que forman Tono Campos e Diego Romero, presentouse na distancia olímpica de 1.000 m. na procura do billete para o Campionato do Mundo. E, unha vez máis, voltaron a demostrar que forman o mellor C-2 español do momento; gañando con autoridade neste control selectivo.
Nunha regata que sairon controlando os seus rivais, especialmente a Andre Oliveira e Yeray Picallo que na Copa de España de 1.000 m. os tiveran moi cerca; pero nesta ocasión sairon coas “orellas tesas” non deixando que se foran e incrementando o seu ritmo o final e realizando unha moi boa regata que os levou a gañar con claridade nesta distancia e amosando que se atopan no bo camiño de cara o seu obxetivo do mundial.
Tono e Diego non estarán no Campionato de Europa no C-2 1.000 m. porque os “criterios” de RFEP fan que incomprensiblemente sexa incompatible que estén no europeo e no mundial na mesma distancia. Polo que agora están estudiando acudir o campionato continental no C-1 1.000 (Diego) e no C-1 5.000 m. (Tono) para os que xa tiñan gañada a praza.