Na mañán de hoxe, iniciáronse en Verducido as competicións da Copa de España de Pista sobre 200 e 500 m. coas embarcacións individuais sobre a distancia curta (200 m.), e con elas comenzan a chegar boas novas á casa do Breogán.
Natalia García acadou un gran resultado no K-1 muller senior sobre 200 m. ao facerse coa Medalla de Bronce. A súa irmá, Laura, non entrou na final A pero si na final B, onde foi segunda (11ª no total).
Jacobo Domínguez, despois da súa boa actuación no día de onte no selectivo do C-1 sub 23 sobre 1.000 m., conseguiu meterse na final do C-1 home senior 200 m., onde se fixo coa sétima posición.
Os canoas xuvenís tamén tiveron unha boa actuación, dentro das súas posibilidades. Diego Naveiro meteuse na final B, acadando a 4ª posición (13º en total), e Borja Meis meteuse na final C, onde rematou na 6ª posición (total 24º).
Mentres, Antía Rodríguez estrenouse como canoista, sendo a primeira muller do Breogán que participa nesta modalidade; non conseguiu meterse na final, pero non dubidamos que grazas ao empeño que pon Antía en todo o que fai, pronto a veremos disputando finais.
Agora a tarde disputaranse as regatas de barcos individuais, sobre a distancia de 500 m.