O BREOGÁN ACADA A SEXTA POSICIÓN NA COPA DE ESPAÑA SOBRE 200-500M

canoistasEsta fin de semana disputouse en Verducido a Copa de España de Pista sobre 200 e 500m, na que o Breogán estivo presente cun equipiño de padexeir@s. Tras a suma dos puntos acadados durantes os dous días o Club conseguiu rematar na sexta posición, o que lle vale para manter o seu 5º posto na Liga Nacional de Pista.

O C-2 de Tono Campos e Diego Romero fíxose ase coa Medalla de Ouro na distancia de 500 m.; méntras que na distancia de 200 m., fixoselles moi curta e meteronse na final B na que ocuparon a 2ª posición o ser superados polos seus compañeiros de equipo, Jacobo Domínguez e Adrian Fernández. Este C-2 tamén mellorou o seu resultados na distancia de 500 m., onde remataron na 4ª posición.

Tamén na categoría de C-2 home senior participaron Miguel Fernández e Tino Rodríguez, que na distancia de 200 m. meteronse na final B onde foron 8º (17º no total). Na distancia de 500 m. tamén se meteron na final B, sendo 7º (16º no total).

Na K-2 muller senior tivemos participando outras dúas embarcacións, Tania Álvarez e Sara Bravo, que se meteron na final B das dúas distancias, sendo 6º (total 15º) nos 500 m. e 8º (total 17º) sobre os 200 .

Pola súa banda Rut Otero e Antía Rodríguez clasificáronse tamén para disputar as dúas finais B, acadando a 9ª posición en ambalas dúas (total 18º).

As canoas xuvenís, acadaron praza para participar nas finais da categoría de 200 m., Diego Naveiro e Borja Meis entraban na final A, acadando a 5ª posición. E os xemelgos Félix e Sergio Meis remaban na final B, onde remataron na 4º posición (total 13º).

Pero a gran protagonista da Copa de españa en canto aos resultados do Breogán foi Natalia García. Trala Medalla de Bronce acadada o venres no K-1 muller senior 200 m., o domingo sumou outro metal, ao facerse xunto coa súa irmá Laura coa Medalla de Ouro no K-2 muller senior 200 m. As dúas irmáns tamén formaron o K-2 na distancia de 500 m. onde remataron na 5º posición.

A vindeira regata desta liga, será o Campionato de España de Pista a disputar en Santa Crus de Trasona (Asturias), onde o Breogán deberá defender o 5º posto fronte ao Grupo Cultura Covandonga de Xixón, que ocupa o sexto posto moi preto do noso equipo.