O BREOGÁN ESTARÁ NAS DÚAS PROBAS DE ASTURIAS DESTA FIN DE SEMANA

10298255_852167028168452_6160537392863055990_oEsta fin de semana o Breogán terá que realizar un dobre desprazamento a Asturias, posto que o sábado se disputará alí, concretamente en Santa Cruz de Trasona, a “Copa de España de Jóvenes Promesas Cadete sobre 1.000 m.”, así como o domingo o “I Campionato de España de Jóvenes Promesas Infantil sobre 3.000 m.”
O Breogán acudirá a estas dúas regatas con diferentes obxectivos. No caso da proba do sábado desprazaranse a competir tan só dous cadetes, o canoista Adrian Rivademar e o Kaiakista Edu da Silva, que contarán co Rut Otero como técnico. Nun principio tamén ía participar Adrian Otero, que finalmente é baixa.
O domingo disputarase a primeira edición do Campionato de España de Infantís sobre 3.000 m., e baixo a dirección de Marcelino Cacabelos, presentarase un equipo formado por 18 padexeir@s:
– K-1 home infantil “A”: Brais Remigio, Juan Diego Betancourth, Daniel Dopazo, Daniel Mourelos, Sergio Outeda, Juan Camilo Ortiz e Manuel Falcón.
– K-1 muller infantil “A”: Antía Naveiro, Angela Rodríguez e Paula Álvarez.
– C-1 home infantil “A”: Tomás Benavides, Eloi Ochoa e David Conde.
– K-1 home infantil “B”: Alex Oliveira.
– K-1 muller infantil “B”: Antía Soutullo, Natalia Romero e María Vila.
– C-1 home infantil “B”: Iván Meis.