TOMÁS BENAVIDES E IVÁN MEIS ASISTIRON A UNHA CONCENTRACIÓN DE SEGUIMENTO DA FEDERACIÓN GALEGA DE PIRAGÜISMO

PADEXEIRO

O pasado sábado día 24 de maio, a Federación Galega de Piragüismo (F.G.P.) organizou unha concentración de seguimento a canoistas homes e mulleres, na que estiveron presentes dous padexeiros de Breogán: Tomás Benavides (canoista infantil “A”) e Iván Meis (canoista infantil “B”).
Esta concentración englobase dentro das que a F.G.P. ven realizando periodicamente entre padexeir@s das categorías da base que van destacando, e de cara a facerlles un seguimento da súa proxección deportiva, concentracións das que é responsable o técnico Juan Pardo González.
A concentración tivo lugar nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra e nas augas do Río Lérez, onde os padexeir@s realizaron diverasas sesións de traballo.
Na xornada da mañá tiveron unha sesión en terra, con traballo de exercicios de aplicación técnica; paro logo realizar unha sesión de auga onde realizaron traballo de técnica.
Xa pola tarde, volveron ter outra sesión de auga, onde incidiron no traballo coa técnica do paleo.

PALISTA