X TRAVESÍA DA TOXA – XXVII TROFEO CONCELLO DE O GROVE DE PIRAGÜISMO

travesia toxa 3Este ano, como ven sendo habitual, organizaremos unha regata de piragüismo, que
será a X Travesía da Toxa – XXVII Trofeo Concello de O Grove de Piragüismo. Regata
puntuable para a XVIII Liga Galega de Rios e Travesías.

Esta regata viñase celebrando nos últimos anos no mes de abril, pero este ano dende
a organización do “Desembarco Pirata”, a través de Emgrobes; solicitaron a nosa
colaboración con este evento coa realización dalgunha actividade do mar.

Como non podía ser doutra maneira, aceptamos esta solicitude de colaboración;
polo que nos propuxemos celebrar a nosa regata coincidindo co fin de semana do
“Desembarco Pirata”. Solicitando a Federación Galega de Piragüismo a data do 8 de
xuño para a celebración da “X Travesía da Toxa”, que foi aprobado pola asamblea,
xunto co resto do calendario galego.

Por elo, celebraremos esta regata o día 8 de xuño e, que está dirixida a categorías
senior, xuvenil e cadete, en embarcacións K-2 e C-2; que deberán facer un circuito
entre O Grove e A Toxa.

Xa nos puxemos a traballar na organización desta regata e agardamos contar cos
colaboradores habituais: Gran Hotel de La Toja, Hotel Louxo La Toja, Hotel Balneario
Hesperia Isla de La Toja, Tienda Manantiales de La Toja, Conservas Isabel; contando xa
coa confirmación dun novo colaborador, como é Supermercados Gadis.

A regata estará patrocinada pola Concellalía de Deporte do Concello de O Grove.