O sábado 23 de marzo, tivo lugar en Verducido o Campionato Galego de Inverno para K-2 e C-2. O resultado obtido polo noso club non foi o agardado, xa que a ausencia de algún deportista e, que ata catro barcos se quedasen a porta de entrar no tempo de control e sin puntuar, fixo que se baixaran bastantes postos ata ocupar a novena posición na clasificación final.
Destacar a terceira posición do C-2 senior formado por Diego Romero e o xuvenil Manuel Garcia, que só foron superados polas C-2 de Tono Campos-José Manuel Sánchez e a de Ramón Ferro-Oscar Graña; as dúas embarcacións que o pasado ano ocuparon as dúas primeiras posicións no Campionato do Mundo de Maratón.
Destacar tamén a segunda posición do K-2 de mulleres xuvenís que formaron Laura García e Sara Bravo. Mentras que o K-2 de mulleres senior, de Natalia Garcia e Tania Álvarez, ocupou a cuarta posición.
RESULTADOS
PADEXEIR@S | CATEGORÍA | POSTO |
Yoel Alonso-Hector Outeda | K-2 senior | 24º (f.c.) |
Diego Romero-Manuel García | C-2 senior | 3º |
Cristian Ribademar- Jacobo Domínguez | C-2 senior | 14º (f.c.) |
Natalia García-Tania Álvarez | K-2 muller senior | 4º |
Félix Meis-Sergio Meis | C-2 xuvenil | 6º |
Diego Naveiro-Borja Meis | C-2 xuvenil | 8º |
Laura García-Sara Bravo | K-2 muller xuvenil | 2ª |
Eduardo da Silva-Martin Pregal | K-2 cadete | 13º |
Adrian Otero-Adrian Conde | K-2 cadete | 22º (f.c.) |
Adrian Ribademar-Alejandro Otero | C-2 cadete | 9º (f.c.) |