O BREOGÁN COLABORA CON DIFERENTES CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE VERÁN

Durante este verán, ademais de colaborar no Campamento Deportivo de Verán, o Breogán colaborou coa organización de outros campamentos nos que están implicados outros clubs locais.

Por iso os recibimos nas nosas instalacións e cedémoslle material para que puidesen gozar dun día de piragüismo os asistentes ó “Campus de Balonmán Juan de Dios Román” ou o “Verán de Basket en Inglés co CB O Meco”.

Aquí podemos ollar ós compoñentes do campamento de baloncesto, gozando do piragüismo.

11986995_1248996445152173_3199612499274092429_n 11951780_1248996451818839_7954961312103860316_n 11222948_1248996471818837_4826978724326718585_n 11949545_1248996485152169_1505386248616779130_n