ACTIVIDADE DO EQUIPO DE PIRAGÜISMO PARA A FIN DE SEMANA

Como cada fin de semana, os nosos deportistas farán fronte a diferentes probas os vindeiros sábado e domingo. A 49ª Baixada do Eume, o I Trofeo Rías Baixas, e a 5ª regata da Liga Provincial de alevíns e benxamíns, serán as probas nas que estará representado o Breogán.

49ª BAIXADA DO EUME

11986478_1250091191709365_3199516043878821604_nO sábado ás 17,30 h, está prevista a saída da 49ª edición da Baixada do Eume, en Pontedeume.

Breogán estará presente co canoista senior, Adrián Fernández Lameiro. Nun prinicipio estaba previsto a participación de Diego Romero, pero unha caída na moto tivo como consecuencia unha lesión no brazo que lle impide estar presente.

I TROFEO RÍAS BAIXAS

11040925_1250091221709362_6252743967512745840_nPor primeira vez se celebra esta regata que recorrerá a Ría de Arousa, pasando por catro municipios.

A regata, deseñada para a categoría absoluta, terá dúas saídas; as dez da mañá partirán de Vilanova os K-4 homes e, á mesma hora, sairán da Illa de Arousa os K-4 mulleres e os C-4 homes.

Nesta zona da saída da Illa de Arousa, os K-4 homes farán un porteo; seguindo logo o percorrido que os levará ata Cambados, para rematar a regata en O Grove, nas inmediacións do Pavillón de Deportes Náuticos.

Breogán tiña previsto presentar o C-4 homes que a pasada semana se proclamou vencedor no I Trofeo Princesa de Asturias: Tono Campos, Diego Romero, Miguel Fernández Castro e Cristian Ribademar, pero a lesión de Diego Romero obrigou a cambiar os plans e facer trocos.

Finalmente Breogán presentará un C-4 mixto (con deportistas de dous clubs diferentes) ocupando o sitio de Diego Romero, o padexeiro do Ría de Betanzos, José Manuel Sánchez, que actualmente está preparando o C-2 con Tono Campos para acudir o Campionato do Mundo de Maratón.

5ª REGATA DA LIGA PROVINCIAL DE ALEVÍNS E BENXAMÍNS

Esta proba tamén terá Vilanova como escenario, estando previsto o inicio da mesma a partir das 11 da mañá.

Breogán inscribeu un total de 24 padexeir@s para esta regata.

K-1 MULLER BENXAMÍN:
– Abigail Devesa
– Aladara Gorrita
– Laura Piñeiro

K-1 HOME BENXAMÍN:
– Brais Martínez
– Eloy Fernández
– Gabriel Fernández
– Lucas Fernández
– Nacho Alfonso

K-1 MULLER ALEVÍN “B”:
– Carme Devesa
– Sheila Rodríguez
– Valeria Oliveira
– Yolanda Oliveira

K-1 HOME ALEVÍN “B”:
– Antía Prieto
– Carmen Cerviño
– Inés Parada
– Laura Castro
– Lola Cerviño
– Marta Mourelos

K-1 HOME ALEVÍN “A”:
– Ángel Fernández
– Anxo Pérez
– Juan Mascato
– Marta Prieto
– Martín Prieto
– Manuel Rodríguez