A SECCIÓN DE PIRAGÜISMO CONTARÁ CUNHA NOVA ESTRUCTURA TÉCNICA

A sección de piragüismo do CMDC Breogán de O Grove, mantivo o pasado mércores 30 de Setembro unha reunión que marca o inicio da temporada invernal que servirá de preparación cara a temporada oficial de 2016.
Nesta reunión marcaronse as liñas de traballo a seguir a partir do día 1 de outubro no que se inician os adestramentos de cara a vindeira temporada de competición, que se iniciará aló polo mes de febreiro.
Como prinicipal novidade para esta nova andaina, está a reestructuración do equipo técnico, que nun prinicipio estará formado por catro persoas, ampliable a máis no tempo de máxima afluencia de padexeiros, (semana santa e nos meses de verán).
José Luis Otero Padín fará a funcións de director técnico e marcará un pouco as pautas a seguir polos técnicos e deportistas. “Padín” foi durante bastantes anos adestrador do Breogán, e logo de catorce anos apartado do mundo da piragua, voltou hai dous anos para poñerse a fronte do proxecto olímpico do C-2 1.000 m. de Tono Campos e Diego Romero. “Padín” compaxinará as súas funcións de director técnico do Breogán, co proxecto de Tono e Diego.
Miguel Fernández Castro será o encargado das categorias do primeiro equipo (senior, xuvenís e cadetes), que compaxinará cos seus adestramentos; pois seguirá como padexeiro o igual que viña facendo en anos anteriores.
Rut Otero Triñanes, continuará na súa laboura como encargada do equipo de promoción, adicandose principamente as categorías: infantil, alevín e benxamín. Ademais de continuar na súa faceta de padexeira.
Miguel Devesa e unha incorporación o equipo, que proven do mundo do remo no que leva involucrado moitos anos, sendo nos últimos o encargado das categorias de base do C.R. Mecos. Miguel será unha especie complemento e unión entre o traballo dos outros adestradores; e estes a súa vez rotarán e compaxinarán nas súas funcións, facendo máis ameno e variado o adestramento.
O novo equipo técnico, co apoio da xunta directiva, quere ir facendo un grupo compacto entre os intregantes do club, e o tempo que traballarán cos actuais padexeiros cos que conta o equipo, tratarán de recuperar deportistas que se foron quedando polo camiño nos útlimos anos. E, de cara a facilitar os adestramentos, os horarios dos mesmos amplianse, iniciandose as cinco da tarde e estando disponibles ata as dez da noite; para facilitar a asistencia dos padexeiros según das súas obrigas.

Momento da xuntanza da sección de piragüismo do CMDC Breogán.

Momento da xuntanza da sección de piragüismo do CMDC Breogán.