A REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE PIRAGÜISMO, HIPOTECA O FUTURO DOS CLUBS

10378000_874993622552459_145652773779969600_nA xestión que se está a levar dende a directiva da Real Federación Española de Piragüismo, está a hipotecar o futuro dos clubs, tanto a nivel económico, como deportivo.
As ligas nacionais tiñan un premios económicos que se repartían en función dos resultados acadados, que non cubrían os gastos de asistencia, despramento e estancias, pero eran unha axuda. Pero estes premios desapareceron, polo que a asistencia á competición nacional vai todo a cargo dos clubs.
Dende Breogán á hora de acudir a unha regata nacional fóra de Galicia, miramos moito o que podemos desprazar e, na Liga Nacional de Ríos e Travesías xa non participamos a nivel de club dende hai uns anos.
Logo impuxéronse unhas cotas de inscrición en cada regata nacional de 20 €, que aínda que non é un prezo moi elevado, ao longo do ano vai sumando unha cantidade importante. E nesta tempada inventáronse unha cuota de 50 € por club para a organización do Campionato de España de Inverno en Sevilla, cando a Federación Galega se ofreceu a organizalo sen custe para os clubs.
10369734_874993725885782_8576946894063653808_nA participación de padexeir@s cos equipos nacionais inflúe nos clubs, xa que non sempre se pode contar con estes deportistas (os de maior nivel nos clubs) para certas regatas por estar participando en eventos internacionais ou preparando os mesmos e non entorpecer esa preparación. Por est emotivo algúns clubs ven mermado o seu potencial, como é o caso do Breogán, que non pode contar con varios dos seus mellores deportistas en regatas galegas, onde si se reparten premios económicos ao final da tempada, grazas aos organizadores das regatas. Ao non contar con estes deportistas inflúe no resultado final do noso equipo, polo que temos menos opcións de estar nos postos de arriba na competición galega.
E agora, dende o pasado ano, a Real Federación Española de Piragüismo sacou da manga o de acudir boa parte dos padexeir@s aos equipos nacionais como AUTOFINACIADOS, é dicir, van representando ao estado español e a RFEP, pero que paguen eles/elas. O pasado ano os padexeir@s galegos puderon acudir autofinaciados as competicións internacionais grazas a xestión realizada pola Federación e administración galegas. É dicir, dende Galicia estamos a patrocinar a RFEP, pois moitos dos padexeir@s dos equipos españois, son galegos; para eso xa poderían participar como Selección Galega, porque dende a RFEP non están aportando nada.
Este ano dende a Deputación de Pontevedra sacaron unha liña de axudas para que os deportistas poidan acudir ás competicións internacionais, para o cal hai que solicitar a correspondente axuda, que nos clubs non sabemos que cantidade cubrirá dos gastos, nin cando a recibiremos.
Mentres os clubs deberemos adiantar os cartos para que os nosos deportistas poidan acudir ás competicións internacionais, cando nos costa deus e axuda manter a actividade normal co club, agora temos que finaciar os desprazamentos dos equipos nacionais.
No caso do Breogán, a vindeira semana teremos a Jacobo Domínguez participando no Campionato de Europa (Piestany-Eslovaquía), para o cal xa tivemos que sacarlle o billete de avión e dende a RFEP tiveron a “amabilidade” de informarnos do que nos custará a estancia do deportista, o custo da credencial e o gasto de trasportalo dende o aeroporto, gastos que logo nos cobraran ao club.
E ademáis, na modalidade de maratón, cada deportista debe contar coa súa embarcación, que neste caso non contabamos no club cunha piragua das condicións necasarias para esta proba, polo que Jacobo competirá cunha C-1 prestada por un compañeiro. Pero por riba, os galegos participantes nesta regata tiñan que desprazar as piraguas a Zamora para o seu traslado, co cal sería un novo gasto, e dende o Broegán dámoslle as grazas á Federación Galega que se ocupou de organizar o traslado dos barcos dos galegos a Zamora coa furgoneta e o carro da FGP.
Logo teremos a Natalia Garcia no Campionato de Europa de Pista Sub 23 (Yvelines-Francia), onde de novo nos vemos obrigados a sacarlle o billete de avión e dende a RFEP xa nos informaron dos gastos de: estancia, acreditación e tralado dende o aeroporto, para abonar logo.
10291267_874993872552434_8912593158238023044_nE o que xa nos sacou das nosas casillas foi o acontecido con Tono Campos e Diego Romero, para o cal dende Breogán, ante a falta de propostas da RFEP para a canoa nacional, plantexamos un proxecto para o C-2 1.000m. co obxetivo de que estes padexeiros pudesen meterse na final “A” do Campionato do Mundo de Pista desta modalidade e distancia, que é modalidade e distancia olímpica e na que ningún C-2 español se meteu na final “A” do mundial dende a retirada de Fredi Bea e David Mascato.
A resposta a este proxecto foi boa dende a FGP que asumeu os gastos do piso que utilizan estes deportistas para poder adestrar en Pontevedra; e dende a RFEP, despois de moitas voltas, acordaron unha axuda para este proxecto de 400 €/mes, que non cubre nin os gastos da furgoneta que o Breogán pon a disposición do adestrador destes deportistas e que se ten que desprazar a diario dende O Grove ata Pontevedra. Cantidade aprobada para apoiar este proxecto e do que aínda non se recibiu nin un euro.
Logo atopamonos cos criterios eleborados pola RFEP nos que “puxeron” que era incompatible que o mesmo C-2 1.000 m. que participara no europeo, logo participase no mundial. Pero aparte desto, o C-2 1.000 m. non aparecía incluído no equipo español para asistir a ningunha regata internacional onde poder poñer a proba a súa posta a punto; polo que poderían chegar ao mundial sen ter competido a nivel internacional durante toda a tempada.
Despois de moitos dimes e diretes, a directiva da RFEP acordou que si puidese participar o mesmo C-2 1.000 m. no europeo e no mundial, polo que Tono Campos e Diego Romero, despois de gañar con claridade o control selectivo, estarán na liña de saída do Campionato de Europa de Pista (Brandemburgo-Alemania).
Pero esta aceptación non veu soa, xa que traía un “regalo envlenado” pois a pesar de ser unha distancia olímpica, o desprazamento de Tono e Diego ten que ser AUTOFINANCIADO co cal xa nos preguntamos en que nos favorece os clubs ter deportistas internacionais, pois non podemos contar con eles para as regatas e aínda temos que pagarlles os desprazamentos cos equipos nacionais. E a día de hoxe non sabemos canto vai supoñer este desprazamento.
Agardamos poder contar coas axudas da Deputación para poder afrontar os gastos destos desprazamentos, pois o mantemento da actividade diaria do club e a súa economía están véndose moi afectados, comenzando pola falla de liquidez para ir afrontando os gastos habituais, e que co transcurso da tempada pode irse complicando a situación moito máis, non sabendo canto mái poderemos aguantar.