O CLUB BREOGÁN, O PRIMEIRO EN PASAR DOS 4.000 PUNTOS

1526390_525401394247471_968944708_nOnte o equipo de infantís do Breogán acadou o 1º posto en Lugo, na disputa da 4ª regata da XIX Liga Galega de Promoción. Logo de acabar na segunda posición nas tres regatas anteriores, @s nosos «guerrillei@s» fixeronse coa primeira posición desta regata, con un total de 24 padexeir@s en competición, dos que vinte un entraron no tempo de control.

A fazaña d@s nos@a padexeir@s tivo como resultado unha acumulación total de 4.095 puntos, que ademais de darlle ao noso club o primeiro posto, batiu un novo record, ao ser o primeiro equipo que pasa dos 4.000 puntos na clasificación final dunha regata desta liga durante a presente tempada.
A nivel individual os resultados foron os seguintes:

– K-1 muller infantil «B»:
Antía Soutullo, 17º
Maria Vila, 21º
Natalia Romero, 22º
Carmela Eirea, 26º
Vanessa Lapido, 35º f.c.
– C-1 home infantil «B»:
Iván Meis, 3º
– K-1 home infantil «B»:
Adrian Agraso, 52º f.c.
Alan Otero, 53º f.c.
– K-1 muller infantil «A»:
Antía Naveiro, 7º
Paula Alvarez, 29º
Angela Rodríguez, 31º
Laura Couto, 40º
– C-1 home infantil «A»:
Tomas Benavides, 7º
Eloi Ochoa, 11º
Juan Camilo Ortiz, 18º
David Conde, 20º
– K-1 home infantil «A»:
Sergio Outeda, 6º
Daniel Mourelos, 8º
Daniel Dopazo, 20º
Diego Vazquez, 37º
Brais Remigio, 42º
Manuel Falcón, 47º
Joaquín Lapido, 51º
Juan Diego Betancourth, 64º

– CLASIFICACIÓN POR CLUBS:
1º BREOGÁN, 4.095 puntos.
2º As Torres, 3.466 puntos.
3º Pontecesures, 3.453 puntos.