O BREOGÁN INICIA UNHA PROBA “CONTRARRELOXO”

10369734_874993725885782_8576946894063653808_nAnte a situación xurdida nos últimos días, o Club Breogán vese na obriga de tomar medidas. O noso club debe abonar os desprazamentos e estancias dos nosos deportistas (catro en total) que van a acudir co equipo español aos diferentes Campionatos de Europa, o que supón preto de 4.000 €. Isto sumado aos gastos que carrexa o Proxecto C-2 1.000m., para o que a RFEP aprobou unha achega de 400€/mes, da que no Club Breogán aínda non recibimos un euro, están facendo que a actividade diaria do club estea en perigo, máis aínda nunha época que é cando remata o curso escolar e a afluencia de rapaces e rapazas aumenta de maneira considerable na actividade do piragüismo.

Por todo elo, dende Breogán iniciamos unha “carreira contra-reloxo” na procura de ingresos atípicos, que nos axuden a afrontar os gastos dos nos@s deportistas e que isto non afecte negativamente na activade normal da entidade.

O primeiro paso foi o de presentar as solicitudes de axuda na Deputación de Pontevedra, en base a unha liña de axudas que sacou o ente provincial de cara os deportistas, pero isto non sabemos cando será abonado, nin a cantidade que recibiremos e si cubrirá os gastos que estamos afrontando.

Por tolo elo, nos diriximos o Concello (Concellería de Turismo), e a diversas entidades e tamén a empresas do noso municipio.

A nosa proposta non só se refire a que nos concedan unha cantidade económica, senón que propoñemos un convenio, acordo ou cal sexa a súa definición legal, para que nos aporten uns cartos a cambio de levar a súa publicidade. Esta publicidade levaríase nas tres furgonetas da nosa entidade, e tamén nas embarcacións dos deportistas coas que competirán a nivel internacional.

A urxencia ven dada, porque o primeiro dos Campionatos de Europa con presenza dun deportista do Breogán (Jacobo Domínguez en Eslovaquia), disputase o vindeiro fin de semana; e dúas semanas despois celebrarase outro con presenza breoganista (Natalia García en Francia). E a mediados do vindeiro mes, terá lugar o terceiro dos europeos con deportistas da noso club (Tono Campos e Diego Romero en Alemania).

Unha vez pasada esta avalancha que se nos ven enriba de deportistas autofinanciados no Campionato de Europa; virá a quenda dos Campionatos do Mundo, tendo clasificados a dous padexeir@s que deberán acudir autofianciados; Natalia García no Campionato do Mundo Sub 23 (Hungría) e Jacobo Domínguez no Campionato de Maratón (Estados Unidos).