INICIASE A LIGA GALEGA DE XADREZ

primeira xornadaO sábado día 11 de xaneiro, da comenzó a Liga Galega de Xadrez na que estarán presentes tres equipos de Breogán en diferentes categorías.

Nesta primeira xornada, estrearanse na competición dous dos equipos do Breogán, pois o terceiro deles, o Breogán “C”, descansa porque no Grupo A da Cuarta División son un número impar de equipos, polo que todos os equipos quedan libres nunha xornada.

O Breogán “A” do Grupo B de Primeira División prestará visita ao Club Karpov de Pontevedra; mentras que o Breogán “B” que participa no Grupo F da Terceira División deberá visitar a Casa da Xuventude de Vilagarcía, para enfrontarse co CXF A Goleta.

Na segunda xornada da liga (sábado 18), os tres equipos de Breogán xogarán na “casa”, tendo como escenario nesta temporada o Hotel Mirador Ría de Arousa.