Historia

LIMIAR DA REVISTA DO 20 ANIVERSARIO DO BREOGÁN – 1.998

Ó cabo de vinte anos de que uns mozos (daquela), insatisfeitos dunha recente experiencia logo dunha representación teatral, nos convocasen a toda persoa do Grove que tivese interés na Cultura, a tres ou catro asambleistas no Pavillón de Deportes; e que da última saise constituída a Agrupación Cultural Breogán.

Foron moitas as cousas que por iniciativa de Breogán cambiaron na vida cultural, deportiva e social da nosa Vila, moitas delas, nin siquera e Breogán hoxendía quen as fai; algunas dun interés moi grande e, moitas cáseque sen interés para unha mayoría dos mecos.

Pero, a pesar de todo o feito, moito ou pouco (depende para quén), a pesar dos vinte anos de historia, co que isto conleva na nosa Vila, (neste camino quedaron outras agrupacións culturais que naceron de canda nós ou despois) a pesar de acadar o recoñecemento deportivo máis alto de Galicia, como é a Placa ó Mérito Deportivo da Xunta de Galicia (ademáis de Breogán, soamente teñen este recoñecemento a entidades deportivas, os clubs de hockei a patíns do Liceo e do Dominicos da Coruña). A pesar de se-los únicos da Ría que podemos fardar de dous olímpicos en Barcelona e Atlanta, ou de te-lo mellor equipo de xadrez, ou sinxelamente de mover cento e pico de rapaces nas nosas actividades deportivas.

A pesar de ter posto en marcha unas poucas actividades culturáis, ou ter recuperado tradicións que estaban a piques de perderse, e tamén , como non; dalgún proxecto fracasado. Non nos sentimos totalmente satisfeitos porque o “Proxecto Breogán” está ó principio do camino, baste lembrar que as asambleas para decidi-la compra do terreo para o local social, dividíron por dous o número de socios e que este proxecto non ilusionou ó número suficiente de grovenses ós que ó principio supoñiamos. Pero quizais o que peor nos sabe e, a falla de xente nova que esté disposta a colle-lo relevo.

Nós quixemos que esta revista se convertise nun revulsivo para moita xente que pode estar insatisfeita co que hoxendía se está a facer en Breogán; e que se puxeran mans á obra. En calquer caso, pretende ser unha lembranza e unha homenaxe a todos cantos dun xeito ou doutro, fixeron posible o pouco ou moito que se acadou”.

C.G. Inverno Foto II

LIMIAR DA REVISTA DO 25 ANIVERSARIO DO BREOGÁN – 2.000

Ó cumplirmo-lo vintecinco cabodano da fundación do que inicialmente foi a Agrupación Cultural Breogán, semella necesario facer un resumo do acadado, con relación ás aspiracións que daquela nos plantexábamos conquerir nun tempo cecais inconcreto, así como unha análise da situación actual, para encararmo-lo futuro con rumbo certo.

Nos eidos sociais e culturais, os anhelos no ano 1.978, eran básicamente dinamiza-la pobre vida cultural do Grove, recuperar unas tradicións culturais que por mor da situación política estaban a piques de se perderan e, conquerir un local cunhas características que desen xogo á vida recreativa da Asociación e ás actividades culturais que pretendíamos por en marcha.

No eido deportivo, a actitude dos que daquela tiñamo-la responsabilidade de dirixir Breogán, era a de pornos a disposición de calquera iniciativa viable de creación dos deportes minoritarios,- daquela no Grove, agás o futbol e o balonman eran o resto- e ser motor de arranque dos mesmos, sin máis obxetivo ca os de ser soporte,- se fose posible- de clubs federados con espíritu de continuidade.

Pode non haber total unanimidad na análise do conquerido, posto que en Breogán como en calquera das sociedades existen discrepancias, e ademáis esta análise non deixa de ser subxetiva, por moito que queiramos obxectivizar. Pero nós sentímonos moi satisfeitos do conquerido no eido cultural, aínda que po-la actividade desenvolvida nos últimos anos, non o pareza.

Para enteder isto é preciso clarexar unha cuestión: a visión das necesidades culturais en Breogán, sempre se viron dende a óptica dun so Grove, nunca consideramos bó algo moi noso, como é o de duplica-las entidades cos mesmos fins.

De ahí que a medida que o Concello maiormente, ou outras entidades que foron nacendo, ían facendose cargo de actividades culturais que naceran dentro de Breogán, ou fosemos nós os que as recuperásemos; Breogán deixase de facelas. A economía de esforzos, crematístico, de tempo, etc.; tamén foi unah razón de peso á hora de tomar esta decisión.

Hoxendía mentemo-la Escola de Música como única actividade cultural fixa, pero abertos a calquer iniciativa viable.

Seguramente non se sinta a mesma necesidade dun Local Social hóxe ca a que se sentía hai vintecinco anos. Pero segue a ser unha asignatura pendente, e sen dúbida alguna, o grande obxetivo da nosa sociedade; aínda que tamén podemos dicir que foi o noso empeño que máis daño nos fixo, precisamente á hora de tomarmo-la decisión de merca-lo terreo que hóxe temos.

Ninguén dúbida de que económicamente a operación foi un éxito, pero certamente o custo social foi moi alto, xa que a decisión levouse por diante á metade dos que daquela eran socios. Ó feito peito, agora iste debe se-lo grande obxetivo de Breogán, pois non debemos esquecernos de que ímos cara a sociedade do ocio.

Do que ninguén dubída é do grande éxito conquerido no eido deportivo. Curiosamente onde menos obxetivos nos marcamos ó comenzó do camino. Probeblemente sexamo-la sociedade deportiva de máis alto nivel de toda a Ría, non somentes porque sexamos a única á que se lle concedeu a Placa ó Mérito Deportivo da Xunta de Galicia; senón porque o historial e a realizade do equipo de piragüismo nos pon a un nivel moi difícil de igualar: Barcelona 92, Atlanta 96, Sidney 2000 e D.M. Atenas 2004, con dous olímpicos en cada cita- ou superar.

Neste eido, tamén tivemos actividades que foron esmorecendo, por un ou outro motivo, e mesmo outras que se derivaron a novas entidades que foron xurdindo e que hóxe as seguen practicando, como é o caso do baloncesto.

A rica e variada oferta de deportes na nosa Vila que hóxe temos, contrasta coa carestía de fai vintecinco anos, e si a isto lle engadimo-las dificultades económicas para mante-los equipos de xadrez e piragüismo no máximo nivel nos que os temos hóxe, fainos pensar que neste eido en Breogán mante-lo que temos xa abonda.

En calquera dos casos, hóxe como fai vintecinco anos, e en sintonía co noso emblema,- a aspiral ou circulo aberto-, Breogán seguirá aberto á sociedade grovense, ofrecéndose como ferramenta para construi-lo Grove cultural e deportivo que queiramos.”