O sábado día 1 de febreiro disputouse no encoro de Verducido un Control Amistoso sobre 5.000 m. organizado polo Comité Técnico da Federación Galega de Piragüismo.
Este control, a pesar de ser amistoso e contar con varias ausencias, serviu para comprobar o estado de forma dos padexeir@s de cara á vindeira temporada -que se iniciará o sábado día 22 do presente mes de marzo coa celebración do Campionato Galego de Inverno, que terá lugar en Verducido-.
Campos e Romero nesta primeira toma de contacto coa competición, amosaron que o seu plan de adestramento segue un bo camiño, e impuxéronse con claridade na súa categoría.
Tamén é destacable o primeiro posto acadado por Adrián Ribademar no C-1 home cadete. Pola súa banda, os padaxeiros da categoría K-1 home cadete non competiron polo empeoramento do tempo, que obrigou á suspensión desta regata.
Resultados:
| Padexeiro | Categoria | Posto |
| Jaime Castro | K-1 home senior | 35º |
| César Riveiro | K-1 home senior | 40º |
| Tono Campos | C-1 home senior | 1º |
| Diego Romero | C-1 home senior | 2º |
| Miguel Fernández | C-1 home senior | 15º |
| Félix Meis | C-1 home xuvenil | 8º |
| Sergio Meis | C-1 home xuvenil | 11º |
| Diego Naveiro | C-1 home xuvenil | 14º |
| Adrián Ribademar | C-1 home cadete | 1º |
| Brais Frieiro | C-1 home cadete | 10º |
| Natalia García | K-1 muller senior | 2ª |
| Laura García | K-1 muller senior | 13ª tras volcar |
| Sara Bravo | K-1 muller xuvenil | 11ª |
| Sara Cacabelos | K-1 muller xuvenil | 16ª |
| Edu Da Silva | K-1 home cadete | Suspendida regata |
| Adrián Otero | K-1 home cadete | Suspendida regata |


