O sábado 22 de febreiro, celebrouse en Verducido o Campionato Galego de Inverno de piragüismo, no que participaron sobre 5.000 m. as categorías: cadete, xuvenil, senior e veteranos em K-1 e C-1.
Este campionato foi o inicio oficial da temporada 2014, e no que o C M D C Breogán acadou a cuarta posición, nunha apretada clasificación entre o segundo e o sexto posto.
Tono Campos (1º) e Diego Romero (2º) dominaron con claridade a categoría C-1, onde Jacobo Domínguez tivo unha moi boa actuación rematando no 7º posto; Cristian Rivademar foi 14º.
Tamén tiveron unha boa actuación as irmáns Garcia Naveiro no K-1 muller senior, onde Natalia foi cuarta e Laura quinta; ambas as dúas son de categoría sub 23.
Adrián Ribademar foi quinto no C-1 cadete; Félix Meis foi sétimo no C-1 xuvenil; Sara Bravo 10ª no K-1 muller xuvenil e Adrian Otero 17º no K-1 cadete.
Rut Otero, proclamouse Subcampioa Galega en K-1 muller veterana.
| Padexeir@ | Categoria | Posto |
| Adrian Otero | K-1 home cadete | 17º |
| Edu Da Silva | K-1 home cadete | 21º f.c. |
| Adrian Ribademar | C-1 home cadete | 5º |
| Félix Meis | C-1 home xuvenil | 7º |
| Diego Naveiro | C-1 home xuvenil | 12º f.c. |
| Segio Meis | C-1 home xuvenil | 13º f.c. |
| Borja Meis | C-1 home xuvenil | 14º f.c. |
| Natalia García | K-1 muller senior | 4º |
| Laura García | K-1 muller senior | 5º |
| Tania Alvarez | K-1 muller senior | averia |
| Sara Bravo | K-1 muller xuvenil | 10º |
| Sara Cacabelos | K-1 muller xuvenil | 20º f.c. |
| Tono Campos | C-1 home senior | Campión |
| Diego Romero | C-1 home senior | Subcampión |
| Jacobo Domínguez | C-1 home senior | 7º |
| Cristian Ribademar | C-1 home senior | 14º |
| Tino Rodríguez | C-1 home senior | 25º f.c. |
| Miguel Fernández | C-1 home senior | volcou |
| Yoel Alonso | K-1 home senior | 32º f.c. |
| Jaime Castro | K-1 home senior | 59º f.c. |
| Cesar Riveiro | K-1 home senior | 61º f.c. |
| Rut Otero | K-1 muller veterana | Subcampiona |


