SEGUNDOS NA 1ª REGATA DA XIX LIGA GALEGA DE PROMOCIÓN

segundosChégannos boas novas dende o encoro do Pontillón do Castro en Verducido onde a mañá do sábado 22 de marzo, se disputou a 1ª Regata da XIX Copa Galega de Promoción, para padexeir@s de categoría infantil «A» e infantil «B».

Nesta regata tamén participaron padexeir@s da categoría alevín «A», pero estes non puntuaban para a clasificación. O noso equipo de infantís, a pesar dalgunhas ausencias, realizou unha moi boa actuación acadando a SEGUNDA posición no podium final da clasificación por clubs. Dos dezaseis deportistas que ao final se desprazaron para competir nesta regata, quince entraron no tempo de control e puntuaron para o club, deixándoo na segunda posición.
A nivel individual destacaron a Medalla de Bronce de Iván Meis no C-1 home infantil «B» e, a cuarta posición de Antía Naveiro no K-1 muller infantil «A».
Como mostra da boa actuación dos nosos infantís nesta regata, hai que dicir que o pasado ano na primeira regata da liga se acadara o posto 11º por clubs. Pola súa banda, na categoria alevín «A» participaron oito padexeir@s do Breogán, que tamén tiveron unha boa actuación. O posto máis destacado foi o de Lorena Moldes, 8ª no K-1 muller alevín «A».

 

Padexeir@ Categoría Posto
Lorena Moldes K-1 muller alevín “A”

Lucía Devesa K-1 muller alevín “A”

10º

Andrea Piñeiro K-1 muller alevín “A”

16º

Cecilia Garrido K-1 muller alevín “A”

29º

Soraya Bea K-1 muller alevín “A”

34º

Isaac Gorrita K-1 home alevín “A”

23º

José Couso K-1 home alevín “A”

24º

Antía Soutullo K-1 muller infantil “B”

18º

Natalia Romero K-1 muller infantil “B”

19º

Carmela Eirea K-1 muller infantil “B”

21º

Antía Besada K-1 muller infantil “B”

35º

Iván Meis C-1 home infantil “B”

Antía Naveiro K-1 muller infantil “A”

Angela Rodríguez K-1 muller infantil “A”

33º

Paula Alvarez K-1 muller infantil “A”

35º

David Conde C-1 home infantil “A”

13º

Sergio Outeda K-1 home infantil “A”

12º

Daniel Mourelos K-1 home infantil “A”

13º

Juan Camilo Ortiz K-1 home infantil “A”

26º

Diego Vázquez K-1 home infantil “A”

34º

Daniel Dopazo K-1 home infantil “A”

40º

Brais Remigio K-1 home infantil “A”

52º

Joaquín Lapido K-1 home infantil “A”

71º f.c.