CAMPIONATO GALEGO DE KAIAK DE MAR

podio kayakOnte, domingo, celebrouse en Cabanas o Campionato Galego de Kaiak de Mar, 6ª Regata da Liga Galega de Kaiak de Mar-I Copa Sipre; que se disputou de tarde.
Pola mañá, tivo lugar o Campionato Galego Infantil de Kaiak de Mar, única regata desta categoría que se celebra nesta modalidade. Breogán contou con representación en ambalas dúas regatas.
Pola mañán tivemos tres padexeir@s infantís en competición; no K-1 home infantil, Daniel Mourelos obtivo a Medalla de Prata; na mesma regata Juan Camilo Ortiz remataba na duodécima posición.
Ángela Rodríguez participou no K-1 muller infantil, acadando o posto 12º.
Xa pola tarde, tivemos tres barcos en competición, e os tres subiron o podio. Tino Rodríguez volveu a impoñerse na categoría K-1 home senior tradicional.
O K-2 home cadete de Edu da Silva e Adrian Otero, remataban primeiros na súa categoría, e Simón Díaz facíase coa Medalla de Bronce no0 K-1 home veterano «B» tradicional.
Na clasificación por clubs, na categoría infantil, o Breogán rematou empatado na terceira posición co Ría de Aldan, mentras que o primeiro equipo facíase coa décima posición.