@s nos@s padexeir@s veñen de disputar o Campionato de España para as categorías xuvenil, Sub23 e senior, no encoro de Santa Cruz de Trasona, en Avilés (Asturias), competición que comezou o venres 15 de agosto e se prolongou ata o domingo. A fantástica actuación dos nosos palistas logrou que o Breogán quedase na sexta posición na clasificación final por clubs, sumando un total de 7 metais: 5 ouros e 2 pratas.
Os primeiros en lograr medalla neste Campionato de España foron os nosos padexeiros máis internacionais, Diego Romero que se proclamou Campión de España na categoría C-1 home senior sobre 1.000m, e Tono Campos foi subcampión na categoría C-1 sobre os 500m.
Durante a xornada do sábado, os nosos palistas fixéronse novamente con máis metais, concretamente 4 ouros ben merecidos. Rut Otero proclamouse Campiona de España no K-1 muller veterana, e Tono Campos e Diego Romero fixéronse con dous ouros máis na modalidade e C-2, ao gañar as probas sobre os 500 e sobre os 1.000m. Ademais, Tono e Diego tamén se proclamaron campións nacionais na categorçia C-4, cos seus compañeiros Miguel Fernández e Adrian Fernández.
Finalmente o domingo, na derradeira xornada deste Campionato de España, tan só se puido sumar unha medalla máis, se ben as irmáns García Naveiro estiveron moi preto de conseguir outra no K-2 muller senior sobre os 200m, pero finalmente non foi posible e remataron na 4ª posición. Onde si se conseguiu un metal, unha prata, foi grazas ao k-4 senior 200m de Natalia e Laura García, Tania Álvarez e Sara Bravo, que se proclamaron subcampionas de España.
Finalmente, o C.M.D.C. Breogán rematou clasificado na sexta posición por clubs, logo de conseguir 7 medallas nestes tres días de competición: 5 ouros e 2 pratas.
A continuación mostramos os resultados acadados polos finalistas durante estas tres xornadas de campionato:
PRIMEIRA XORNADA (venres), CLASIFICACIÓNS:
– C-1 home senior 1.000 m.
Diego Romero, Campión de España
Tono Campos, 4º
Miguel Fernández, 5º Final B
– C-1 muller senior 1.000 m.
Antía Rodríguez, 10º f.c.
– K-1 muller senior 500 m.
Natalia García 8º
– C-1 home senior 500 m.
Tono Campos, Subcampión de España
Diego Romero 7º
Miguel Fernández, 5º Final B
SEGUNDA XORNADA (sábado), CLASIFICACIÓNS:
– C-2 home xuvenil 1.000 m.:
Diego Naveiro-Borja Meis, 9º
– K-2 muller senior 1.000 m..:
Rut Otero-Antía Rodríguez, 8º final B
– C-2 home senior 1.000 m.:
Tono Campos-Diego Romero, CAMPIÓNS DE ESPAÑA.
– C-2 home senior 1.000 m.:
Miguel Fernández-Adrian Fernández, 9º
– K-4 muller senior 1.000 m.:
Antía Rodríguez-Tania Álvarez-Sara Bravo-Rut Otero, 9º
– C-4 home senior 1.000 m.:
Tono Campos-Diego Romero- Adrian Fernández- Miguel Fernández, CAMPIÓNS DE ESPAÑA.
– K-2 muller senior 500 m.:
Natalia García-Laura García, 5º
– K-2 muller senior 500 m.:
Sara Bravo-Tania Álvarez, 8º
– C-2 home senior 500 m.:
Tono Campos-Diego Romero, CAMPIÓNS DE ESPAÑA.
– C-2 home senior 500 m.:
Adrian Lameiro, Pedro Areal, 2º final B
– C-2 home senior 500 m.:
Sami Grigore-Tino Rodríguez, 6º final B
– K-4 muller senior 500 m.:
Natalia García-Laura García-Sara Bravo-Tania Álvarez, 5º
– C-4 home senior 500 m.:
Sami Grigore-Adrian Lameiro-Tino Rodríguez-Pedro Areal, 6º
– K-1 muller veterana.:
Rut Otero, CAMPIONA DE ESPAÑA.
TERCEIRA XORNADA (domingo), CLASIFICACIÓNS:
– K-1 MULLER SENIOR 200 m:
Natalia Garcia, 8º
Laura Garcia, 6º final B
– C-2 HOME XUVENIL 200 m:
Diego Naveiro-Borja Meis, 8º
– C-1 HOME SENIOR 200 m:
Tono Campos, 7º
– K-2 MULLER SENIOR 200 m:
Natalia García-Laura García, 4º
Tania Álvarez-Sara Bravo, 7º final B
Rut Otero-Amanda Álvarez, 9º final B
– C-2 HOME SENIOR 200 m:
Diego Romero-Adrian Fernández, 1º final B
Sami Grigore-Tino Rodríguez, 6º final B
– K-4 MULLER SENIOR 200 m:
Natalia García-Laura García-Tania Álvarez e Sara Bravo, SUBCAMPIONAS DE ESPAÑA
– C-4 HOME SENIOR 200 m:
Adrian Fernández, Sami Grigore, Pedro Areal e Tino Rodríguez 6º