O C-2 DE CAMPOS E ROMERO, E O C-1 DE RIBADEMAR IMPÓÑENSE NO L DESCENSO DO MIÑO EN TUI

PIRAGUASNa tarde do sábado 23 de agosto as augas do Miño, ao seu paso por Tui, acolleron o L Descenso do Miño, onde estivo presente o Breogán cun equipo formado por nove padexeir@s.

Os resultados conseguidos polos membros do Breogán que participaron na regata foron diversos, destacando o primeiro posto que acadaron Diego Romero e Tono Campos na categoría de C-2 home senior, proba na que xa partían como favoritos para facerse co triunfo. Adrián Ribademar tamén conseguiu un ouro ao rematar primeiro no C-1 home cadete.

Na categoría C-1 home senior, Miguel Fernández logrou rematar na 4 posición, seguido por outro breoganista, Tino Rodríguez, que fixo o quinto mellor tempo da proba.

Nas demais probas conseguíronse os seguintes resultados: Diego Naveiro foi 4º no C-1 home xuvenil, Sara Cacabelos foi 7ª no K-1 muller xuvenil, e Natalia García e Tania Álvarez foron 7ª no K-2 muller senior.