FESTA DE FIN DE ACTIVIDADES DE VERÁN

festa breogánO sábado o CMDC Breogán organiza unha pequena festa para despedir as actividades de verán, dirixidas ós seus deportistas, principalmente os das categorías da base. Esta festa realízase aproveitando que esta fin de semana non asistimos a ningunha regata e por ser o último do mes de agosto.

E aínda que queda algunha regata pendente, preferimos facela nesta fin de semana porque entre os que acoden as actividades de verán hai asistentes que durante o ano viven fóra de O Grove e pronto volverán ós seus lugares de residencia, tamén están a piques de iniciarse os exames de setembro, as clases e outras actividades, etc; polo que consideramos que é a mellor data.

As actividades desta xornada festiva comezarán sobre as 16,30 h; onde teremos: busca do tesouro, regatas en autovaciables para deportistas e para país/nais, etc; rematando cunha churrascada a cargo do chef Ramón.

Mercadillo de captación de fondos

mercadilloAproveitando esta actividade e, grazas ós lotes de produtos doados polo comercio de O Grove para a celebración da Xornada de Captación de Fondos “O Grove cos seus Deportistas Internacionais”, cos regalos e lotes de produtos que quedaron sobrantes de dita xornada, imos montar un “MERCADILLO DE CAPTACIÓN DE FONDOS”, para axudar a sufragar os gastos pola asistencia dos nosos padexeir@s (Jacobo Domínguez, Natalia García, Tono Campos e Diego Romero) aos distintos Campionatos de Europa.

Este “Mercadillo” situarase no paseo de madeira que rodea o Pavillón de Deportes Náuticos, e estará aberto a tod@s aqueles que queiran colaborar con nós facendo algunha oferta polos produtos que alí amosaremos; habendo unha interesante variedade de produtos: dende masaxes, pasando por lavados e revisión de vehículos, cestas de froita, camisetas, pegatinas, xabóns, etc.
O “Mercadilo” tamén se abrirá as 16,30 h.