José Luis Otero Padín, adestrador do C-2 que forman Tono Campos e Diego Romero, foi convocado a unhas xornadas de traballo organizadas pola Real Federación Española de Piragüismo (RFEP), de cara a planificar a vindeira tempada, que será clasificatoria para os Xogos Olímpicos de Rio 2016.
O escrito da convocatoria expón, “Próximamente afrontaremos el año de clasificación para los Juegos Olímpicos de Río, por este motivo, queremos mantener una reunión con los técnicos implicados para poder comentar y debatir sobre la temporada, criterios de selección, necesidades, objetivos, concentraciones, etc”.
Nesta reunión ademais dos adestradores, haberá unha representación da RFEP e, tamén estará presente, unha técnico do Consejo Superior de Deportes (CSD), Lola Tello. Estas xornadas de traballo terán lugar na Posada del Duratón, un Centro de Turismo Rural, sito en Sebulcor (Segovia).
José Luis Otero Padín acudirá a estas xornadas acompañado do preparador físico, Kito Parada, co que a pasada tempada formou o tándem que adestrou o C-2 de Tono Campos e Diego Romero. Luis e Kito, incorporaranse ao lugar de celebración destas xornadas na tarde deste venres, e estarán presentes nas xornadas de traballo que terán lugar nas mañás do sábado e do domingo.
Dende Breogán estamos moi satisfeitos por esta chamada, xa que por fin dende a RFEP se ten en conta este C-2 e por fin, parece, que dende a RFEP van a apostar pola canoa. O pasado ano foi o propio club o que tivo que impulsar o plan de traballo para que estes padexeiros puidesen adestrar nunhas condicións aceptables, para o que contamos coa colaboración da Federación Galega de Piragüismo.