O VENRES O CONCELLO DO GROVE RECIBIRÁ AOS NOSOS CAMPIÓNS

10367717_1041258752592611_897309105583182897_nO venres ás seis da tarde, no Concello do Grove, realizarase un recebemento oficial aos deportistas do Breogán que nesta tempada foron internacionais e a aqueles que acadaron medallas nos diferentes Campionatos de España.
Os homenaxeados estarán encabezados por Tono Campos e os outros tres padexeir@s internacionais durante o 2014: Diego Romero, Natalia García e Jacobo Domínguez.
Ademais dos catro internacionais, tamén serán recibidos os quince padexeir@s de Breogán que acadaron medallas nos Campionatos de España.
Estes padexeir@s son: os catro internacionais xa nomeados, Rut Otero, Laura Naveiro, Tania Álvarez, Sara Bravo, Adrian Fernandez, Pedro Areal, Miguel Fernandez, Tomás Benavides, David Conde, Eloi Ochoa e Juan Camilo Ortiz.

Polo de agora a pancarta de noraboa a Tono Campos pola consecución do título de Campión do Mundo de Maratón en C-1, xa reluce na fachada do Concello do Grove.