VERDUCIDO ACOLLERÁ ESTE SÁBADO O CAMPIONATO GALEGO DE INVERNO EN BARCOS DE EQUIPO

Parte 2.2O sábado o encoro do Pontillón do Castro e Verducido, acollerá o Campionato Galego de Invenro en Barcos de Equipo (K-2 e C-2). Esta competición reunirá un importante número de participantes entre os que destacaran varios membros do equipo español de maratón.

Entre as boas regatas que se van disputar, pódese destacar a priori, a da categoría C-2 senior, onde se verán as caras o C-2 senior Campión do Mundo de Maratón formado por Óscar Graña e Ramón Ferro (Kaiak Tudense) e o C-2 senior Subcampión do Mundo de Maratón de Diego Romero e Tono Campos (Breogán de O Grove).

Un total de nove embarcacións porá en escea o Breogán neste campionato, onde na C-2 senior, ademáis dos nomeados, estarán Jacobo Domínguez e Cristian Ribademar; e tamén Miguel Fernández e Tino Rodríguez.

 
Os outros participantes do Breogán son:
– K-2 home senior: Jaime Castro e César Riveiro.
– K-2 muller senior: Natalia García e Laura García.
Tania Álvarez e Sara Bravo.
– K-2 home cadete: Edu da Silva e Adrian Otero.
– C-2 home xuvenil: Borja Meis e Diego Naveiro.
Adrian Ribademar e Sergio Meis.