OS NOSOS PADEXEIR@S FANSE CON DOUS OUROS E DÚAS PRATAS NA 4ª REGATA REGATA DE KAIAK DE MAR.

jhb,O bo tempo acompañou o pasado xoves en Vilagarcía. @s padexeir@s do Club Breogán gañaron un total de catro medallas (dúas de ouro e dúas de prata) na 4ª Regata da Liga Galega de Kaiak de Mar-I Copa Sipre.

Malia todo, estas fantásticas novas tan só lle proporcionaron a oitava posición ao club Breogán na clasificación total por clubs.

Non obstante, a título individual, estes foron os logros acadados polos nosos padexeir@s:
– K-1 home xuvenil, Sergio Meis, 8º
– K-1 home senior, Yoel Alonso, 11º
– K-1 home senior, Jaime Castro, 22º
– K-1 muller veterana, Rut Otero, 2ª
– K-2 mixto, Sara Bravo e Cesar Riveiro, 2º
– K-1 home senior tradicional, Tino Rodríguez, 1º
– K-2 home cadete, Edu da Silva e Adrian Otero, 1º