O vindeiro martes día 30 de decembro, no C.M.D.C. Breogán teremos unha ASAMBLEA EXTRAORDINARIA para o estudo e aprobación, se procede, da alegación a presentar pola situación na que aparece o terreo da nosa entidade, sito no Monte da Vila, no actual PXOM que se atopa en exposición pública.
Coma sempre, a cita será no Pavillón de Deportes Náuticos ás 19:30h en primeira convocatoria, e ás 20:00h en segunda convocatoria.